Xiroma 2016 more_vert
Xiroma
Vino blanco
1 opinións
Xiromaclose Xiroma

Xiroma Albariño é un viño que reflexa perfectamente as particularidades zonais das Rías Baixas, que se caracterizan por presentar un clima suave en canto a temperaturas como consecuencia da proximidade ó mar e o réxime pluviométrico que contribúen a alongar o ciclo do cultivo e obter aromas e sabores intensos e particulares. Os solos lixeiros, moi orgánicos e relativamente húmidos, situados sobre un subsolo granítico que lle aportan frescura e complexidade, transmitindo personalidade ó conxunto. As plantacións se realizan en sistema de emparrado buscando a máxima exposición solar da folla sen danar o acio, o cal lle confire matices herbáceos.

6.90 €
Lagar da Cachada 2016 more_vert
Lagar da Cachada
Vino blanco
0 opinións
Lagar da Cachadaclose Lagar da Cachada

Este viño é o buque insignia da bodega, conta cunha cor amarela palla con escintileos verdosos, limpo e brillante. Ten unha alta intensidade aromática, onde destaca a mazá verde e as froitas de óso con notas de flores brancas y feno. En boca é redondo e cunha moi boa estrutura e corpo que lle aportan as características principais a este viño combinado cunha acidez moi ben integrada e ensamblada. No ataque destaca polo seu equilibrio azucre/acidez e no retrogosto nos volve a recordar os matices destacados na fase olfactiva.

7.90 €
Don Ricardo 2016 more_vert
Lagar da Cachada
Vino blanco
0 opinións
Don Ricardoclose Lagar da Cachada

Albariño edición limitada de 2.647 botellas ao que lle damos os mellores coidados e dedicamos máis tempo a súa elaboración. Este viño ten un ton amarelo palla con escintileos verdosos e cristalinos. É fresco e afroitado ensamblando perfectamente cos aromas de carballo os cales aportan unha elegancia e distinción especial. A sensación á entrada en boca é sedosa e envolvente, sen arestas, cun alcol e acidez moi ben compensados. Unha vez que se traga nos aporta unha enorme complexidade proporcionada pola sinerxía froita/madeira. É glicérico e cunha estrutura contundente.

17.80 €
Os Areeiros 2016 more_vert
Os Areeiros
Vino blanco
0 opinións
Os Areeirosclose Os Areeiros

Albariño monovarietal. Este viño destaca polo seu sabor afroitado, desenrolando unha acidez con un sabor longo e preciso que permanece na boca cun excelente final.

7.65 €
Os Areeiros 2016 more_vert
Os Areeiros
Vino tinto
1 opinións
Os Areeirosclose Os Areeiros

Viñas centenarias de Caiño tinta, Mencía e Garnacha tintorera. Este especial coupage nos proporciona un viño que se caracteriza polo seu intenso sabor.

5.10 €
Casa da Barrosa 2016 more_vert
Barrosa
Vino blanco
0 opinións
Casa da Barrosaclose Barrosa

Coas mellores uvas seleccionadas con cariño, obtense este caldo galego xove, alegre, fresco, que te envolve, criado por mans expertas, que se fai especial dentro desta bodega, nada de varias xeracións.

7.50 €
Villanueva 2016 more_vert
Villanueva
Vino blanco
0 opinións
Villanuevaclose Villanueva

Viño de cor amarelo limón con matices verdosos. Sobresaltado en nariz, con tons de cítricos maduros e notas de mazá e herba. En boca es envolvente, fresco, agradable, saboroso, persistente e moi completo.

9.40 €
Señorío de Lazoiro 2016 more_vert
Villanueva
Vino blanco
0 opinións
Señorío de Lazoiroclose Villanueva

Viño brillante e cristalino que desprende aroma a piña, mazá e notas cítricas. Delicada suavidade e lixeireza sutil no padal. Un viño radiante.

7.80 €
Viña Senra 2016 more_vert
Villanueva
Vino blanco
0 opinións
Viña Senraclose Villanueva

Da variedade Palomino, obtemos este viño de cor amarelo palla, limpo e brillante. Aroma de intensidade media, fino, con froitas brancas de fiúncho e herba fresca. En boca resulta equilibrado fresco e alegre.

4.90 €
Centum Terrae 2016 more_vert
Villanueva
Vino blanco
1 opinións
Centum Terraeclose Villanueva

Godello de variedade de uva branca con gran potencial aromático, con toque herbáceo e lixeira fragrancia floral. En boca é potente, glicérico e con fresca acidez. Equilibrado e ben estruturado. Á vista presenta matiz amarelo verdoso.

7.80 €
Centum Terrae 2016 more_vert
Villanueva
Vino tinto
0 opinións
Centum Terraeclose Villanueva

Viño de cor vermello en gama de rubí a cereixa, de intensidade media, con finos escintileos granates. Con boa intensidade en nariz, predominan as notas varietais (froitos vermellos e claudia), con elegantes notas de flores azuis e cacao. En boca é fresco e saboroso, armado e con corpo. É longo e sedoso, encontrando de novo recordos varietais de froita madura, cun suave e agradable final.

7.10 €
Raigames 2016 more_vert
Costas
Vino blanco
0 opinións
Raigamesclose Costas

Viño limpo e brillante, de cor amarelo palla con escintileos verdosos. En nariz presenta uns aromas frutais e florais de intensidade alta, destacando sobre todo a mazá e os froitos de óso, como o albaricoque. En boca resalta a súa frescura e xuventude típica do albariño, cunha acidez ben compensada, o que o fai ser saboroso, goloso, envolvente e glicérico.

7.20 €
Celeirós de Barcela 2015 more_vert
Bodegas Celeirós
Vino blanco
1 opinións
Celeirós de Barcelaclose Bodegas Celeirós

Este viño presenta unha cor amarillo intenso con reflexos verdosos e lágrima densa. En nariz é rico en aromas cítricos, flores brancas tipo xazmín, froita de pepita como albaricoque e recordos de froitas tropicais. Intensidade media. En boca é amplo, saboroso e fresco. Mantén untuosidade e lixeireza. Final prolongado e fructuoso con recordos a froitas brancas.

9.95 €
Celeirós 2015 more_vert
Bodegas Celeirós
Vino tinto
0 opinións
Celeirósclose Bodegas Celeirós

Este viño presenta unha cor vermella picota de media capa. En nariz ten aromas a froitos vermellos, mora, frambuesa e regaliz. Notas de especias, pementa e recordos minerais de pizarra e coiro. É un viño goloso con ampla entrada en boca, fino cunha lixeira acidez e taninos maduros que marcan unha suave astrinxencia. Final prolongado. Bo vino de corte Atlántico, fresco e equilibrado.

9.95 €